Gordon Coates

Modelo:BiografíaGordon Coates

Gordon Coates en 1931.[1]

Nome orixinalJoseph Gordon Coates
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1878.
Hukatere, Matakohe, Nova Zelandia.
Morte27 de maio de 1943 (65 anos)
Wellington, Nova Zelandia.
Causa da morteDoenza cardiovascular.
Cargos

Primeiro Ministro de Nova Zelandia
Período1925 – 1928
MonarcaXurxo VI
Ministro de Obras Públicas
Período1920-1926 – 1931-1933
Ministro de Forzas Armadas
Período1940 – 1943
Ministro de Asuntos Indíxenas
Período1921 – 1928
Ministro de Xustiza
Período1919 – 1920
Ministro de Ferrocarrís
Período1923 – 1928
Datos persoais
País de nacionalidade Neozelandés.
Ideoloxía políticaConservador.
Actividade
OcupaciónPolítico.
Partido políticoPartido Reformista.
Partido Nacional.
LinguaLingua inglesa.
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarjorie Grace Coles (1914). Editar o valor en Wikidata
Fillos7. Editar o valor en Wikidata
PaisEdward Coates. Editar o valor en Wikidata  e Eleanor Kathleen Aickin. Editar o valor en Wikidata
Premios
Cruz Militar do Reino Unido.
Medalla de Prata du Xubileu de Xurxo V.
Sinatura

WikiTree: Coates-1015

Joseph Gordon Coates, nado en Hukatere, rexión de Northland, o 3 de febreiro de 1878 e finado en Wellington o 27 de maio de 1943, foi un político neozelandés, o vixésimo primeiro en ocupar o posto de primeiro ministro de Nova Zelandia (1925-1928), polo Partido Reformista.

Coates criouse nunha granxa, da que se tivo que facer cargo desde rapaz, pola doenza mental do seu pai. Logo dedicouse á política e converteuse en deputado en 1911, centrándose en cuestións agrarias, como candidato independente. Tras un distinguido servizo durante a primeira guerra mundial, foi nomeado ministro de Xustiza e director xeral de Correos no Goberno reformista de William Massey (1919); tamén foi ministro de Obras Públicas (1920-1926) e de Asuntos Indíxenas (1921-1928) e converteuse en primeiro ministro en 1925, á morte de Massey.

Derrotado nas eleccións de 1928, Coates volveu ao Goberno en 1931 como figura clave do Goberno de coalición de George Forbes. Nomeado ministro de Obras Públicas (1931-1933) e de Finanzas (1933-1935), aplicou políticas rigorosas para combater a depresión económica dos anos trinta. A partir de 1940 formou parte da Administración de guerra de Peter Fraser, e foi ministro das Forzas Armadas e Coordinación da Guerra ata a súa morte.

  1. "Joseph Gordon Coates". National Library Wellington (Natlib.gov.nz).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne