![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1941 ![]() Poundmaker Cree Nation, Canadá (en) ![]() ![]() |
Morte | 5 de xullo de 2011 ![]() Saskatoon, Canadá ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión ![]() |
Período de actividade | 1973 ![]() |
Membro de | |
Participou en | |
1973 | Mariposa Folk Festival 1973 (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | John Tootoosis ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Gordon Tootoosis, nado o 25 de outubro de 1941 en Saskatchewan (Canadá) e finado o 5 de xullo de 2011, foi un actor de ascendencia cree e nakoda. El era descendente de "Yellow Mud Blanket", irmán do famoso líder cree Pîhtokahanapiwiyin.[1] Foi recoñecido pola súa vontade de preservar a súa cultura e por contar as historias do seu pobo. Foi un membro fundador da Compañía de Teatro Nativa de Saskatchewan. Tootoosis foi un activista cree do traballo social e xefe da súa banda tribal.[2] Como actor, interpretou diversas personaxes en filmes e producións de televisión tanto no Canadá coma nos Estados Unidos.[2] En Open Season e Boog and Elliot's Midnight Bun Run, Tootoosis fai a voz do Sheriff Gordy.
Foi galardoado coa Orde do Canadá o 29 de outubro de 2004.[2] Na cerimonia, que tivo lugar o 9 de setembro de 2005, foi recoñecido como un modelo a imitar para os rapaces nativos.