Gorilla gorilla diehli | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho adulto de Gorilla gorilla diehli. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Gorilla gorilla diehli (Matschie, 1904) | |||||||||||||||||
![]() Área de distribución do Gorilla gorilla gorilla (en cor amarela).
|
O Gorilla gorilla diehli é unha das dúas subespecies do Gorilla gorilla. Esta subespecie atópase nunha pequena área de Nixeria e o Camerún, tanto en selva tropical como subtropical, que é tamén hábitat do chimpancé de Nixeria-Camerún.
Estímase que só quedan de 250 a 300 Gorilla gorilla diehli e é o simio máis ameazado de África. As súas poboacións están concentradas en aproximadamente 9 ou 11 localizacións separadas por terras de labradío. Aínda así, diversos estudos xenéticos elaborados no 2007[2] suxiren que estas localizacións están conectadas pola ocasional migración de individuos. Porén, a poboación que máis preto se atopa do Gorilla gorilla gorilla está a 250 km de distancia.
As súas principais ameazas son a perda do seu hábitat e o descenso do substrato alimenticio de arbustos. Son animais normalmente tímidos que foxen ó menor indicio de presenza humana.