Goxi

Bagas de goxi
Póla de Lycium barbarum coas bagas

O goxi[Cómpre referencia] ou as bagas de goji[1][2] son unhas bagas vermellas que proveñen de dúas especies de cambroeiras (plantas do xénero Lycium): a cambroeira negra (Lycium barbarum) e unha especie semellante: a cambroeira chinesa (Lycium chinense) (枸杞 ou 枸杞 gǒuqǐ). As dúas especies de arbusto son da familia solanaceae: o mesmo que as tomateiras, as pataqueiras, as pementeiras ou as berenxenas.

As bagas de goji están en voga nos últimos tempos como parte de dietas saudables.

  1. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 44. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  2. O dicionario da RAG non recolle o termo goxi, xa que é un froito de recente aparición no panorama occidental. As plantas do xénero Lycium, porén, si teñen un nome galego de seu: cambroeiras que vén recollido en varios dicionarios coma o Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 - A partir do Dicionario de Dicionarios da Universidade de Santiago de Compostela: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#20509784

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne