Grace | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Jeff Buckley | ||||
Publicado | 23 de agosto de 1994 | |||
Gravación | 1993 - 1994 | |||
Estudio(s) | Bearsville Recording Studio, Woodstock, Nova York | |||
Duración | 51:44 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, folk rock | |||
Selo(s) | Columbia Records | |||
Produtor | Jeff Buckley, Andy Wallace | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Grace é o único álbum de estudio completo do músico estadounidense Jeff Buckley, publicado o 23 de agosto de 1994 a través do selo Columbia Records. A pesar de que o disco inicialmente tivo vendas moi pobres, acadando o número 149 das listas nos Estados Unidos, e tivo críticas variadas,[1] pouco a pouco foi gañando a aclamación da crítica e do público chegando a vender uns 2 millóns de copias en todo o mundo. Unha versión estendida do álbum (subtitulada "Legacy Edition") foi lanzada o 23 de agosto do 2004 para celebrar o seu décimo aniversario, e acadou o posto 44 no Reino Unido.
Grace re-entrou na lista de álbum de Australia no número 44 durante a semana do 29 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2007, 13 anos despois do seu lanzamento orixinal. No presente está certificado 8 veces platino en Australia. O álbum foi citado pola crítica e os oíntes como un dos mellores discos de todos os tempos.[2]