O gramo (g), é unha unidade de medida de masa do Sistema Internacional de Unidades.
En orixe foi definido como a masa dun centímetro cúbico de auga a 3,98 °C. Na actualidade considérase como un submúltiplo do quilogramo, exactamente a milésima parte.