Gran Glasgow (en inglés: Greater Glasgow, en escocés: Mòr-Ghlaschu e en scots: Muckler Glesca) é unha área urbana de Escocia formada por tódalas localidades que se atopan a carón da cidade de Glasgow, formando con ela unha única zona urbana (ou conurbación). Non ten efectos no goberno municipal, e a súa extensión territorial, definida pola Oficina de Rexistro Xeral de Escocia, ten fins censais e estatísticos. Gran Glasgow tiña unha poboación de 1 199 629 no censo de 2001,[1] mconverténdose na maior área urbana de Escocia e a quinta do Reino Unido.[2]