O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference.[1] O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.[2]
Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas. Fire and Darkness converteuse no primeiro receptor do premio na edición de 1999 do Independent Games Festival.[3] O premio estivo dividido en dous nas edicións de 2004 e 2005,[4][5] pero fusionouse de novo nun único premio dende a edición de 2006.[6] Dende a edición de 2011 inclúese unha lista de "Mencións Honorables", composta por xogos non seleccionados entre os finalistas.[7]
Gish foi o único finalista que gañou o premio nunha edición posterior.[3][4][5][8] FTL: Faster Than Light foi o primeiro en incluírse tanto como mención honorable como finalista, en 2012 e 2013. The Stanley Parable conseguiu o mesmo feito, sendo mención honorable en 2013 e finalista en 2014.[9][10][11] Os xogos nomeados non teñen que estar publicados para poder optar ó premio. Por exemplo, cando Fez gañou no ano 2012 o xogo aínda estaba en proceso de certificación.[12]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome about
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome aw1999
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome aw2004
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome aw2005
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome aw2006
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome aw2011
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome aw2000
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome aw2012
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome aw2013
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome aw2014