Nome oficial | IV Gran Premio de la Republica Argentina |
---|---|
Tipo | Gran Premio da Arxentina |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956 |
Distancia do evento | 98 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Oscar Alfredo Gálvez (Buenos Aires) 34°41′39″S 58°27′34″O / -34.694272222222, -58.459347222222 |
País | Arxentina |
Data | 22 de xaneiro de 1956 |
Competición | |
Primeiro posto | Luigi Musso |
Pole position | Juan Manuel Fangio |
Volta máis rápida | Juan Manuel Fangio |
O Gran Premio da Arxentina de 1956 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de xaneiro de 1956 no Autódromo 17 de Octubre de Buenos Aires. Foi a primeira carreira da tempada de 1956.
Coa retirada de Mercedes da Fórmula Un, Fangio e Moss comezaron a tempada con novos equipos. Fangio uniríase a Ferrari, mentres que Moss marcharía ao equipo Maserati. A grella na Arxentina estaba composta completamente de coches italianos. Ferrari e Maserati presentaronse con cinco coches cada un. Os outros tres coches foron Maserati: dous equipos privados e Hawthorn co equipo BRM.
Ferrari dominou a práctica e ocupou as tres primeiras posicións da grella con Fangio na pole cun tempo 2´2 segundos máis rápido que o segundo. Con todo, Maserati dominou a carreira desde o inicio con Menditeguy e Moss líderando na pista. Fangio coa bomba de combustible defectuosa, fíxose cargo do coche de Musso coche na volta 29 e volveu entrar no quinto lugar. Fangio pasou rapidamente a Behra pero perdeu a súa posición tras facer un trompo. Das voltas 40 á 43 o desastre chegou aos líderes. A caixa de cambios de Castellotti, terceiro, rompeu, Menditguy deixou o liderado cun eixo de transmisión roto, e o motor do novo líder, Moss púxose a fumegar. Fangio, que superara a Behra, pasou ao renqueante Moss na volta 66 e terminou sen rivaís logo dun trompo de Behra. A carreira non estivo exenta de polémica cando o director deportivo de Maserati presentou unha protesta porque Fangio foara empuxado. Con todo, a protesta foi rexeitada polos comisarios e a FIA.