Gran Premio de Francia de 1967

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Francia de 1967
Nome oficial53e Grand Prix de l'Automobile Club of France Editar o valor en Wikidata
Nome na lingua orixinal(fr) 53e Grand Prix de l'ACF Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1967 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento80 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Localización Le Mans (Le Mans Métropole (en) Traducir)
Circuíto de Le Mans (Le Mans) Editar o valor en Wikidata
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
Data2 de xullo de 1967 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJack Brabham
Brabham Editar o valor en Wikidata
Pole positionGraham Hill Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaGraham Hill Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1967 celebrouse no Autódromo de Bugatti o 2 de xullo de 1967. Foi o primeiro Gran Premio de Francia, que se celebrou en Le Mans desde a primeira carreira en 1906 e ata 2013, foi a única vez que o Circuíto Bugatti se utilizou para o Gran Premio de Francia.

O circuíto de Bugatti utiliza o pit da recta principal de Le Mans, que en 1967 non tiña a chicane Dunlop, logo viraba á dereita en "La Chapelle" seguido dunha curva interior a esquerdas, "Le Musée", seguida logo doutra curva a dereita, "Garage Vert", que daba á recta de atrás, a única característica distintiva era a "Chemin Aux Boeups", unha curva a esquerda (agora unha chicane esquerda-dereita), antes de regresar á recta de boxes a través das curvas "S Bleu" e "raccordement" preto da entrada a boxes. O circuíto era aburrido e foi universalmente impopular entre os pilotos e os espectadores con só 20.000 asistentes á carreira, algúns pilotos expresaron en privado o seu desexo de que a carreira se levara a cabo na totalidade dos 13´461 quilómetros de longo do Circuíto da Sarthe, onde a recta de Mulsanne de 5´7 km. era 1´3 km máis longa que todo o circuíto de Bugatti.

Nese momento, os circuítos con lonxitudes de 10 km ou máis eran comúns nos Grandes Premios, cos 14´120 km. de Spa-Francorchamps utilizado para o Gran Premio de Bélxica, e os infames 22´835 quilómetros de Nürburgring utilizado para o Gran Premio de Alemaña, así que moitos pilotos querían usar o circuíto completo das 24 Horas considerándoo como o lugar adecuado para a carreira.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne