Gran Premio do Reino Unido de 1996

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Reino Unido de 1996
Nome oficialXLIX British Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1996 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento61 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,891 km Editar o valor en Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Data14 de xullo de 1996 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJacques Villeneuve Editar o valor en Wikidata
Pole positionDamon Hill Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaJacques Villeneuve Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Reino Unido de 1996 foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 14 de xullo de 1996 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a décim rolda da tempada de Fórmula Un de 1996. A carreira de 61 voltas gañouna o Williams de Jacques Villeneuve que logrou a súa segunda vitoria da tempada diante de Gerhard Berger, no Benetton, o McLaren de Mika Häkkinen chegou no terceiro lugar, o seu primeiro podio desde o seu accidente case mortal no Gran Premio de Australia de 1995. Rubens Barrichello tomou a cuarta posición, igualando o seu mellor final da tempada. Os puntos finais foron para David Coulthard no segundo McLaren e Martin Brundle no segundo Jordan.

Damon Hill logrou a pole position na súa carreira na casa, pero comezou lentamente e retirouse pouco antes da metade da carreiraa, despois de que un problema coa porca da roda o fixera trompear na curva Copse cando intentaba pasar a Häkkinen.[1] Por terceira carreira consecutiva, os pilotos da Scuderia Ferrari, Michael Schumacher e Eddie Irvine, foron obrigados a retirarse con problemas técnicos nas primeiras seis voltas, Schumacher con problemas hidráulicos e Irvine cunha falla no diferencial.

  1. "F1 News – Grandprix.com > GP Encyclopedia > Races > British GP, 1996". Grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 28 de maio de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne