![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2023.) |
Nome oficial | II United States Grand Prix ![]() |
---|---|
Tipo | Gran Premio dos Estados Unidos ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 ![]() |
Distancia do evento | 42 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Sebring (Condado de Highlands (pt) ![]() ![]() |
País | Estados Unidos de América ![]() |
Data | 12 de decembro de 1959 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Bruce McLaren ![]() |
Pole position | Stirling Moss ![]() |
Volta máis rápida | Maurice Trintignant ![]() |
O Gran Premio dos Estados Unidos de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 12 de decembro de 1959 no circuíto de Sebring. Foi a novena e última carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o segundo Gran Premio dos Estados Unidos (noveno incluíndo as carreiras do Gran Premio de América de 1908 a 1916). Foi a primeira e única ocasión na que levouse a cabo a carreira na sede da carreira de resistencia das 12 Horas de Sebring, no Circuíto Internacional de Sebring na Florida. A carreira levouse a cabo sobre 42 voltas ao circuíto de 8´36 quilómetros de lonxitude, cunha distancia total de carreira de 351 quilómetros.
A carreira foi gañada polo neozelandés Bruce McLaren pilotando un Cooper T51 para o equipo oficial Cooper, a primeira vitoria dun piloto nado en Nova Zelandia. McLaren tamén se converteu no gañador máis novo dun Gran Premio, unha marca que permanecería durante máis de 40 anos. McLaren gañou por seis décimas de segundo sobre o piloto francés Maurice Trintignant pilotando un Cooper T51 do equipo Rob Walker Racing Team. O piloto británico Tony Brooks terminou terceiro no seu Ferrari Dino 246. O líder do campionato o australiano Jack Brabham quedou sen combustible na última volta e tivo que empuxar o seu Cooper T51 ata a liña de meta para terminar cuarto. O terceiro posto de Brooks deu o título a Brabham. Foi o primeiro dos tres campionatos do mundo para Brabham, o primeiro para un australiano, e para un coche con motor traseiro.
Esta foi a última carreira ata o Gran Premio de Mónaco de 1994 na que ningún ex campión do mundo estaba na pista.