Nome oficial | IV United States Grand Prix ![]() |
---|---|
Tipo | Gran Premio dos Estados Unidos ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1961 ![]() |
Distancia do evento | 100 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Watkins Glen (Dix (en) ![]() ![]() |
País | Estados Unidos de América ![]() |
Data | 8 de outubro de 1961 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Innes Ireland ![]() |
Pole position | Jack Brabham ![]() |
O Gran Premio dos Estados Unidos de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 8 de outubro de 1961 no circuíto de Watkins Glen. Foi a décima e última carreira da tempada de Fórmula Un de 1961.
No seu terceiro ano o GP dos Estados Unidos finalmente atopou unha sede, grazas a Cameron Argetsinger, que realmente estableceu a Fórmula Un nos Estados Unidos. A carreira final da tempada proporcionou tamén a primeira vitoria dun dos grandes equipos do deporte -Team Lotus de Colin Chapman- e deulle ao popular piloto, Innes Ireland, a súa única vitoria nun Gran Premio. Ireland comezou oitavo, tomou a dianteira cando o motor do Lotus de Stirling Moss fallou, e terminou 4´3 segundos por diante do estadounidense Dan Gurney.