(en) Great Barrier Reef | ||||
Tipo | Arrecife de coral patrimonio cultural natural atracción turística | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Marinho de Grande Barreira de Corais (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Queensland, Australia | |||
Localización | Townsville (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Mar do Coral | |||
Características | ||||
Superficie | 34.893.402,883011 ha Patrimonio da Humanidade: 34.870.000 ha | |||
Inventario do Patrimonio Nacional de Australia | ||||
Data | 21 de maio de 2007 | |||
Identificador | 105709 | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Asia-Oceanía insular | |||
Data | 1981 (5ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (viii), (ix) e (x) | |||
Identificador | 154 | |||
Sitio web | gbrmpa.gov.au | |||
A Gran Barreira de Coral (en inglés Great Barrier Reef) é o máis grande arrecife coralino do mundo[1][2] composto por máis de 2.900 arrecifes individuais (sen incluír os arrecifes do estreito de Torres, que se calculan en 750 nunha área de 37.000 km2),[3]:1 e 900 illas nunha franxa de máis de 3.000 quilómetros sobre unha área de aproximadamente 348.000 km2.[4][5] O arrecife está situado no mar do Coral, ao longo da costa do estado de Queensland no nordés de Australia.
A Gran Barreira de Coral pódese ver desde o espazo exterior e é a estrutura máis grande do mundo feita por organismos vivos.[6] A estrutura do arrecife está composta por miles de millóns de pequenos organismos coñecidos como pólipos de coral.[7] Pódense atopar máis de 400 especies de coral, algunhas microscópicas e outros que chegan aos 2 metros de anchura. Nas marxes externas do arrecife formanse especies viscosas con capacidade de resistir os embates das ondas, en cambio as delicadas variedades lanceoladas deben gorecerse nas augas máis tranquilas. As formas son variadas: abanico, cúpula, cornos, flor, etc. As cores oscilan entre tons rosados, fucsia, amarelos, azuis e verdes.
As augas da Gran Barreira de Coral son temperadas e soportan unha gran variedade de vida e foron seleccionadas como Patrimonio da Humanidade en 1981.[1][2] Entre os arrecifes atópanse máis de 1.500 especies de peixes e crustáceos. A CNN clasificouna como unha de as sete marabillas naturais do mundo,[8] A Queensland National Trust considerouna unha icona estatal de Queensland.[9]
Boa parte do arrecife está protexido polo Parque mariño da Gran Barreira de Coral (Great Barrier Reef Marina Park), que axuda a limitar o impacto do uso humano, como a sobrepesca e o turismo. Outras ameaza ambientais sobre o arrecife e o seu ecosistema inclúen a calidade das augas dos ríos que desembocan nel; o cambio climático, acompañado por unha masivo branqueamento do coral, e gromos cíclicos da estrela de mar Acanthaster planci que se come o coral e estao destruíndo en enormes cantidades. Segundo un estudo publicado en outubro de 2012 pola revista científica Proceedings of the National Academy of Sciences, o arrecife perdeu máis da metade da súa cuberta de coral desde 1985.[10]
A Gran Barreira de Coral foi coñecida e utilizada polos aborixes australianos e polos insulares do estreito de Torres, e é unha parte importante da cultura e espiritualidade dos grupos locais. O arrecife é un destino moi popular para os turistas, especialmente nas illas Whitsunday e nas zonas da Rexión de Cairns. O turismo é unha actividade económica importante para a rexión, xerando máis de 3 mil millóns de AU$ ao ano.[11]
Un informe de marzo de 2016 afirma que o branqueo de coral estaba máis amplamente estendido do que se pensaba, afectando seriamente ás partes septentrionais da Barreira como resultado do aumento das temperaturas oceánicas.[12] En outubro de 2016, a revista Outside publicou un obituario da Barreira;[13] o artigo foi criticado por ser prematuro e ocultar os esforzos para reforzar a resiliencia do arrecife.[14] En marzo de 2017, a revista científica Nature publicou un artigo mostrando que grandes seccións nun tramo de 800 quilómetros de extensión na parte norte do arrecife, morreran ao longo do ano 2016 debido ás altas temperaturas da auga oceánica, un evento que os autores atribúen aos efectos do cambio climático global.[15]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome HopleySmithers2007