Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Queensland, Australia, Nova Gales do Sur, Australia, Victoria, Australia e Territorio da Capital Australiana | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 2.228 m | |||
Dimensións | 3.500 () km | |||
Punto máis alto | Monte Kosciuszko (2.228 m ) | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Carbonífero | |||
A Gran Cordilleira Divisoria (en inglés: Great Dividing Range) é a cadea de montañas máis importante de Australia. Esténdese por máis de 3500 km, dende o extremo nordés de Queensland, ao longo de toda a costa oriental atravesando Nova Gales do Sur, e o estado de Victoria máis ao sur, ata o extremo sur do continente, onde torce cara ao oeste e finaliza na inmensa planicie central nos montes Grampianos, en Victoria.
O punto máis elevado na Australia continental é o Monte Kosciuszko (2228 m), e todas as outras zonas alpinas do país australiano forman parte desta cordilleira. As zonas máis altas, na zona sur de Nova Gales do Sur e o leste de Victoria, son chamadas os Alpes australianos.[1]