![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Granducato di Toscana (it) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Florencia ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.096.641 (1801) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua italiana ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Fundador | Cosmo I, Grão-Duque da Toscana (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 27 de agosto de 1569 ![]() | ||||
Disolución | 1859 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía monarquía absoluta ![]() | ||||
Moeda | Tuscan pound (en) ![]() ![]() | ||||
O Gran Ducado de Toscana foi un estado do centro da Península Itálica existente desde o ano 1569, no seo do Sacro Imperio Romano Xermánico, até a súa anexión ao Reino de Sardeña o ano 1859 (desde 1861 Reino de Italia).
A Toscana empezou a ser unha entidade política, ademais de xeográfica e cultural, a partir do século XV, cando a cidade de Florencia se estendeu coa adquisición por Gabriele Maria Visconti da República de Pisa, que Gian Galeazzo Visconti comprara aos Appiano en 1399, e a compra de Livorno aos xenoveses en 1421.
O Gran Ducado asentouse sobre o Ducado de Florencia, que substituíra a antiga República de Florencia desde o ano 1532 e, dirixido pola familia dos Medici desde o seu inicio, foi ampliándose sucesivamente. O ano 1559 anexionou a República de Siena, e o ano 1847 o Ducado de Lucca.[1]
Desde 1737 foi gobernado pola familia Habsburgo-Lorena até que en 1801 Napoleón Bonaparte transforma o Gran Ducado en reino de Etruria. Despois da caída de Napoleón, en 1814, foi restaurado e devolto aos Habsburgo-Lorena, que reinaron no ducado até 1859, en que foi anexionado ao reino de Sardeña. A anexión foi ratificada formalmente nun referendo en 1860, que foi aprobado polo o 95 % dos votantes.[2]
A súa capital foi a cidade de Florencia.