Gran Premio de Australia de 1992

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Australia de 1992
Nome oficialLVII Australian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Australia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1992 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento81 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Adelaida (Adelaide (en) Traducir) 34°55′50″S 138°37′14″L / -34.930466, 138.620609 Editar o valor en Wikidata
PaísAustralia Editar o valor en Wikidata
Data8 de novembro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoGerhard Berger Editar o valor en Wikidata
Pole positionNigel Mansell Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Australia de 1992 foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 8 de novembro de 1992 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. A carreira foi o 57º Gran Premio de Australia e o oitavo disputado no circuíto de Adelaida, que tamén o converteu no oitavo GP de Australia que formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Foi a décimo sexta e última carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992.

O momento máis significativo foi unha colisión entre Ayrton Senna e Nigel Mansell cando o brasileiro intentou adiantar ao inglés, eliminando a ambos pilotos. Esta debía ser a última carreira de Fórmula 1 de Mansell antes de pasar a IndyCar, aínda que regresou brevemente en 1994 e 1995.

Martin Brundle (que pasou en 1993 a Ligier), o gañador da carreira Gerhard Berger (que regresou a Ferrari en 1993) e Riccardo Patrese (que se uniu a Benetton para 1993) estabann entre os moitos pilotos para quen esta foi a última carreira cos seus equipos actuais, mentres que para Jan Lammers, Stefano Modena, Maurício Gugelmin, Olivier Grouillard foi a última carreira da súa andaina na Fórmula 1. Tamén se rumoreaba que sería a última carreira de Ayrton Senna en Mcclaren, pero isto finalmente resultaría falso xa que o brasileiro permanecería co equipo en 1993.

Nicola Larini comezou esta carreira desde a parte posterior da grella. Jordan anotou o seu único punto da tempada con Stefano Modena, mentres que Thierry Boutsen (quen gañou aquí en 1989 anotou os seus únicos puntos da tempada 1992, e de feito os últimos puntos da súa carreira. O podio dobre de Benetton asegurou que anotasen puntos en cada rolda.

Esta foi a carreira final de McLaren cun motor Honda Racing F1 ata 2015. A compañía deixou de participar neste deporte logo desta carreira, aínda que o Mugen unha filial da compañía continuou. Regresaron en 2000 como fornecedores de motores a BAR. Para os equipos Dallara e March, esta foi a súa última aparición no deporte.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne