Tipo | evento deportivo recorrente ![]() |
---|---|
Deporte | deportes de motor ![]() |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil ![]() |
Localización e Datas | |
Localización |
Circuíto urbano de Valencia (Valencia) (2008–2012) Circuíto Permanente de Jerez (Xerez da Fronteira) (1994–1997) Nürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) (1984–2007) Circuíto de Brands Hatch (Kent) (1983–1985) Circuíto urbano de Bakú (Bakú) Circuíto de Donington Park (Castle Donington (pt) ![]() ![]() |
País | España ![]() |
Vixencia | 1923 – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg ![]() |
O Gran Premio de Europa foi unha carreira para o campionato mundial de Fórmula 1. Disputouse tres veces durante os anos 1980 e regularmente desde 1993 ata o 2012, retirouse do calendario en 2013 e volveu a disputarse en 2016 en Azerbaidján para, un ano despois, retirarse novamente do calendario en 2017 sendo substituído polo Gran Premio de Azerbaidján.
Nos primeiros anos, o Gran Premio de Europa non era unha carreira no seu propio dereito, era só un título honorífico, un dos grandes premios nacionais tamén era designada como o Gran premio de Europa. A primeira carreira chamada así foi o Gran Premio de Italia de 1923, que tivo lugar en Monza e gañouna Carlo Salamano nun Fiat e o último foi o Gran Premio do Reino Unido de 1977.
Desde a súa reintroducción, o Gran Premio de Europa polo xeral celebrouse nun país de Europa que tamén albergaba un Gran Premio nacional nese mesmo ano.