Nome oficial | 70º Gran Premio Campari d'Italia ![]() |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999 ![]() |
Distancia do evento | 53 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización |
Monza (Provincia de Monza e Brianza) Circuíto de Monza (Monza) ![]() |
País | Italia ![]() |
Data | 12 de setembro de 1999 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Heinz-Harald Frentzen Jordan Grand Prix Mugen Motorsports ![]() |
Pole position | Mika Häkkinen ![]() |
Volta máis rápida | Ralf Schumacher ![]() |
O Gran Premio de Italia de 1999 (oficicialmente o LXX Gran Premio Campari d'Italia[1]) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 12 de setembro de 1999 no Autodromo Nazionale Monza, Monza, Italia. Foi a décimo terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999. A carreira de 53 voltas gañouna Heinz-Harald Frentzen, pilotandoo un Jordan - Mugen-Honda, logo de que o McLaren de Mika Häkkinen, que buscaba defender o título de Campión de Pilotos, trompeou mentres lideraba comodamente. Ralf Schumacher foi o segundo no Williams - Supertec, con Mika Salo terceiro no Ferrari. O rival de Häkkinen, Eddie Irvine, terminou sexto noutro Ferrari, empatando así aos puntos co finlandés na parte superior do Campionato de Pilotos.
Aínda que a vitoria colocou a Frentzen a dez puntos de Häkkinen e Irvine, resultaría ser a súa última vitoria na Fórmula Un, así como a última para os fornecedores do motor Mugen. Foi tamén a única vitoria do equipo Jordan en condicións secas, as demais chegarían baixo a choiva.