Gran Premio de San Marino de 1994

Modelo:Competición deportivaGran Premio de San Marino de 1994
Imaxe
Nome oficial14º Gran Premio di San Marino Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de San Marino Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1994 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento58 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo Enzo e Dino Ferrari (Imola) 44°20′28″N 11°42′48″L / 44.341111111111, 11.713333333333 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,909 km Editar o valor en Wikidata
PaísSan Marino Editar o valor en Wikidata
Data1 de maio de 1994 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata
Pole positionAyrton Senna Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaDamon Hill Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de San Marino de 1994 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 1 de maio de 1994 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1994.

Os sucesos ocorridos nesta carreira significaron un importante punto de inflexión tanto na tempada de 1994, como no desenvolvemento da Fórmula Un, sobre todo no que respecta á seguridade.

A fin de semana viuse empañada pola morte do piloto austríaco Roland Ratzenberger e a do triplo campión do mundo Ayrton Senna en distintos accidentes. Noutros incidentes resultaron feridos o piloto Rubens Barrichello e varios mecánicos e espectadores.

Michael Schumacher gañou a carreira despois do seu reinicio. Na conferencia de prensa logo da carreira, Schumacher dixo que el "non podía sentirse satisfeito, non podía sentirse feliz" coa súa vitoria logo dos acontecementos que ocorreran durante a fin de semana. Nicola Larini anotou os primeiros puntos da súa carreira, cando logrou a segunda posición do podio. Mika Häkkinen terminou en terceiro lugar.

A carreira deu lugar a unha maior énfase na seguridade no deporte, así como a reforma da Grand Prix Drivers' Association logo dun baleiro de 12 anos, e o cambio nos deseños dos circuítos e de moitos deseños de automóbiles. Tamén fixéronse numerosos cambios nas regulacións para limitar a velocidade dos coches de Fórmula Un e os novos circuítos, como Circuíto Internacional de Bahrain, incorporaron grandes áreas de escape para frear os coches antes de que choquen cos muros.

A Senna déuselle un funeral de Estado no seu país de orixe, Brasil, onde ao redor de 500.000 persoas saíron ás rúas para ver pasar o cadaleito. Os fiscais italianos acusaron de homicidio a seis persoas en relación coa morte de Ayrton Senna, todos os cales foron absoltos. O caso tardou máis de 11 anos en concluír debido a unha apelación e un novo xuízo tras o veredicto orixinal de non culpable.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne