Nome oficial | IV RAC British Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 |
Distancia do evento | 90 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 |
Lonxitude | 5,891 km |
País | Reino Unido |
Data | 14 de xullo de 1951 |
Competición | |
Primeiro posto | José Froilán González |
Pole position | José Froilán González |
Volta máis rápida | Nino Farina |
O Gran Premio do Reino Unido de 1951 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 14 de xullo de 1951 no circuíto de Silverstone, Silverstone, Inglaterra. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1951. A carreira, disputada sobre 90 voltas foi a primeira vitoria de José Froilán González, e tamén a primeira de moitas para o equipo Ferrari. Tanto o equipo como o piloto tamén lograron a súa primeira pole position durante a fin de semana. Juan Manuel Fangio terminou segundo nun Alfa Romeo e Luigi Villoresi terceiro en Ferrari.