Gran Premio do Reino Unido de 1999

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Reino Unido de 1999
Imaxe
Nome oficialLII RAC British Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1999 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento60 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,891 km Editar o valor en Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Data11 de xullo de 1999 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoDavid Coulthard Editar o valor en Wikidata
Pole positionMika Häkkinen Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMika Häkkinen Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Reino Unido de 1999[1] (oficialmente o LII RAC British Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 11 de xullo de 1999 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a oitava rolda da tempada de Fórmula Un de 1999.[2] A carreira de 60 voltas gañouna o piloto de McLaren David Coulthard despois de empezar desde a terceira posición. Eddie Irvine terminou segundo co equipo Ferrari e o piloto de Williams Ralf Schumacher entrou na terceira posición.

Jacques Villeneuve e Alessandro Zanardi calaron o coche na grella e provocaron o reinicio da carreira.

Mentres ondeaban as bandeiras vermellas, Michael Schumacher estrelouse na curva Stowe debido a un fallo nos freos, rompendose unha perna. Isto mantivoo fóra da Fórmula Un ata o Gran Premio de Malaisia de 1999, finalizando as súas esperanzas de lograr o campionato.

Despois dunha tempada difícil Damon Hill realizou un bo traballo para terminar 5º na súa carreira na casa e parecía o suficientemente feliz como para seguir o resto da tempada. Tamén liderou brevemente a carreira por unha volta, foi a última vez que lideraría un Gran Premio.[3]

Este foi a última chegada a meta de Toranosuke Takagi nunha carreira de Fórmula Un. Non conseguiu terminar ningunha das oito carreiras posteriores.

  1. "1999 British Grand Prix". The Official Formula 1 Website. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015. 
  2. "1999 British Grand Prix". chicanef1.com. Consultado o 1 de maio de 2014. 
  3. "Hill, Damon". F1 Complete. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 10 de xaneiro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne