State of Grenada (en) ![]() | |||||
Himno | Hino nacional de Granada (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Ever Conscious of God We Aspire, Build and Advance as One People» «Винаги със съзнание за Бог, ние се стремим, изграждаме и напредваме като един народ» «Wastad yn Ymwybodol, Dyheuwn, Adeiladwn a Symudwn Ymlaen fel Un Bobl» «Grenada Pur» ![]() | ||||
Epónimo | Granada ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Saint George's ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Carriacou Pequena Martinica Saint Andrew Saint David (pt) ![]() Saint George Saint John (pt) ![]() Saint Mark (pt) ![]() Saint Patrick (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 114.299 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Crioulo inglês de Granada (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 348,5 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Caribe ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Saint Catherine (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1974 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Monarca ![]() | Carlos III do Reino Unido (2022–) ![]() | ||||
• Prime Minister of Grenada (en) ![]() ![]() | Dickon Mitchell (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Granada (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 1.122.800.000 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Dólar Caribe-Leste ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .gd ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +1473 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 911, 434 (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | GD ![]() | ||||
Sitio web | gov.gd ![]() | ||||
![]() |
Granada (en inglés Grenada (i/ɡrəˈneɪdə/, en francés crioulo granadino: Gwenad /ɡwiˈnaɪd/) é un país insular no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e as Granadinas. Granada está formada pola propia illa de Granada, dúas illas máis pequenas, Carriacou e Pequena Martinica, e varias illas pequenas que se atopan ao norte da illa principal e forman parte das Granadinas. O seu tamaño é de 3 485 kilometros cadrados (1 346 sq mi) e tiña unha poboación estimada de 112.523 en xullo de 2020.[1] A súa capital é Saint George's.[1] Granada tamén é coñecida como a "illa das especias" debido á súa produción de cultivos de noz moscada e macis.[2]
Antes da chegada dos europeos ás Américas, Granada estaba habitada polos pobos indíxenas de América do Sur. Cristovo Colón avistou Granada en 1498 durante a súa terceira viaxe ás Américas. Despois de varios intentos infrutuosos dos europeos de colonizar a illa debido á resistencia dos Caribes residentes, o asentamento e colonización do imperio colonial francés comezou en 1649 e continuou durante o século seguinte.[3] O 10 de febreiro de 1763, Granada foi cedida aos Británicos baixo o Tratado de París. O dominio británico continuou ata 1974 (agás unha breve toma de posesión francesa entre 1779 e 1783).[4] Non obstante, o 3 de marzo de 1967, foi concedida a plena autonomía sobre os seus asuntos internos como Estado Asociado, e de 1958 a 1962 Granada formou parte da Federación das Indias Occidentais, unha federación de curta duración de Colonías británicas das Indias occidentais.
A independencia concedeuselle o 7 de febreiro de 1974 baixo o liderado de Eric Gairy, quen se converteu no primeiro primeiro ministro do estado soberano de Granada. O novo país pasou a ser membro da Commonwealth, coa raíña Isabel II como xefa de estado[1]. En marzo de 1979, o Marxista-leninista Movemento Nova Xoia derrocou ao goberno de Gairy nun Golpe de Estado incruento e estableceu un Goberno Popular Revolucionario (PRG), encabezado por Maurice Bishop como primeiro ministro.[5] Bishop foi arrestado e despois executado por membros do Exército Revolucionario Popular (PRA), o que provocou a invasión estadounidense de Granada en outubro de 1983. Desde entón, a illa volveu a unha democracia representativa parlamentaria e mantívose politicamente estable.[1]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome grenada-french