Gray's Anatomy | |
---|---|
Título orixinal | Anatomy |
Autor/a | Henry Gray |
Ilustrador/a | Henry Vandyke Carter |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | lingua inglesa |
Tema(s) | Anatomía humana |
Editorial | John William Parker |
Data de pub. | agosto de 1858 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Henry Gray's Anatomy of the Human Body (Henry Gray: Anatomía do corpo humano), popularmente coñecida por Gray's Anatomy, é unha obra de anatomía xeralmente recoñecida como un clásico sobre anatomía humana. O libro foi primeiramente publicado co título Gray's Anatomy: Descriptive and Surgical, na Gran Bretaña, no ano de 1858. No ano seguinte foi publicado nos Estados Unidos de América. O autor do libro morreu tras a publicación da segunda edición do libro, en 1860, con 34 anos de idade. Mentres, a súa obra foi continuada por outros e o 24 de novembro de 2004 publicouse a 39ª edición.