Greatest Hits (Foo Fighters)

Greatest Hits
Recompliación de Foo Fighters
Edición3 de novembro do 2009
Gravación1994 - 2009
Duración63:48
Xénero(s)rock alternativo, post-grunge, hard rock
Selo(s)RCA Records
Producido porBarrett Jones (temas 9 & 12)
Gil Norton (3, 4, 5, 8, 11, 13 & 16)
Adam Kasper (1, 6, 7, 10 & 17)
Nick Raskulinecz (1, 2, 7)
Butch Vig (14 & 15)
Foo Fighters
Cronoloxía
Echoes, Silence, Patience & Grace Greatest Hits Wasting Light

Greatest Hits é un álbum recompilatorio da banda de rock alternativo estadounidense Foo Fighters, editado o 3 de novembro do 2009 a través do selo RCA Records. Contén dúas novas cancións, "Wheels" e "Word Forward", ademais de temas anteriormente editados como "The Pretender", "All My Life", "Learn to Fly", "Best of You", "Times Like These", "My Hero" ou "Everlong".

"Wheels" foi o primeiro sinxelo sacado do álbum, e estreouse na radio o 23 de setembro do 2009. Foi oficialmente lanzado o 29 de setembro. "Wheels" e "Word Forward" foron gravados especificamente para o recompilatorio baixo a produción de Butch Vig.

"Have a Cigar" conta co batería Taylor Hawkins nas voces principais.

Unha edición deluxe do recompilatorio inclúe un libro e un DVD con vídeos musicais e actuacións ao vivo da banda. Tamén inclúe un vídeo para "Wheels", dirixido por Sam Brown, que tamén realizara o vidio de "The Pretender".


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne