(1916) | |
Nome orixinal | (ru) Григорий Ефимович Распутин |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de xaneiro de 1869 (Xuliano) Pokrovskoye (Imperio Ruso) |
Morte | 30 de decembro de 1916 (47 anos) San Petersburgo (Imperio Ruso) |
Causa da morte | homicidio, afogamento ferida por arma de fogo |
Relixión | Khlysts |
Actividade | |
Ocupación | místico, campesiño, político, ocultista, monxe |
Familia | |
Cónxuxe | Praskovia Fyodorovna Dubrovina |
Fillos | Maria Rasputin |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Enciclopedia Británica de 1922 Medvik >>>:Rasputin, Grigorij Jefimovič, asi 1864-1916, |
Grigorii Efimovich Rasputin (en ruso: Григорий Ефимович Распутин), nado en Pokrovskoe o 9 de xaneiroxul./ 21 de xaneiro de 1869greg. e finado en San Petersburgo o 17 de decembroxul./ 30 de decembro de 1916greg.,[1] foi un campesiño siberiano de grande influencia nos últimos anos da Dinastía Romanov. Tamén foi coñecido coma o monxe tolo.
Pretendía parecerse a Xesucristo e tiña fama de curandeiro mediante o rezo, razón pola que, grazas a unha amiga da tsarina chamada Anna Vyrubova, no ano 1905 foi chamado ante os tsares para que curase o seu fillo, o tsarévich Aleksei, que padecía hemofilia. O tsarévich mellorou (segundo algúns investigadores grazas á hipnose) e a Familia Imperial, especialmente a tsarina Alexandra,[2] caeu baixo a influencia do monxe.