Grupo Eroski

Eroski

Editar o valor en Wikidata
TipoCooperativa
Fundación1969
MatrizGrupo Mondragón
LocalizaciónElorrio País Vasco País Vasco
Persoas claveConstant Da Costa (Presidente)
Agustin Markaide
IndustriaDistribución
ProdutosAlimentación, fogar
Beneficio6 051 millóns € (2016)
Número de empregados50.580 (2007)
Na rede
https://www.eroski.es
Facebook: Eroski Twitter: eroski Instagram: eroskioficial Inguma: eroski Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Grupo Eroski é unha empresa cooperativa española de distribución con sede en Elorrio, Biscaia. De orixe vasca, hoxe é propiedade duns 12.000 traballadores repartidos por toda España logo de 36 anos de actividade. Conta con ao redor de 1.600 establecementos de diferentes marcas.

É parte do grupo Mondragón Corporación Cooperativa. O nome Eroski é unha contracción das palabras en éuscaro erosi (comprar) e toki (lugar), traducible como "lugar onde comprar".

Dous aspectos son relevantes:

  1. A propiedade, da que son depositarios en igualdade de condicións uns 12.000 traballadores, con unha persoa un voto na Asemblea Xeral.
  2. Actúa desde a súa orixe coa reinversión permanente dos seus beneficios e destina o 10% dos resultados para o desempeño da Fundación Eroski[1], que vertebra a súa acción social en favor do consumidor e a información, o desenvolvemento sostible e a solidariedade.

O Consello de Administración está formado de modo paritario e elixido con renovación cada catro anos por representantes dos traballadores propietarios e dos consumidores socios.

  1. "Fundación Eroski". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne