![]() (2022) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1963 ![]() El Coca, Ecuador ![]() |
President of the National Assembly of Ecuador (en) ![]() | |
15 de maio de 2021 – 31 de maio de 2022 | |
Deputada da Asemblea Nacional de Ecuador | |
14 de maio de 2021 – 17 de maio de 2023 Circunscrición electoral: Orellana (pt) ![]() | |
![]() ![]() ![]() | |
31 de xullo de 2009 – 19 de decembro de 2018 | |
![]() ![]() ![]() | |
5 de xaneiro de 2005 – 7 de marzo de 2008 | |
![]() | |
2000 – 2004 – Anita Rivas (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Católica de Santiago de Guayaquil ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Esperanza Guadalupe Llori Abarca, nada en Puerto Francisco de Orellana en 1963,[1] é unha política ecuatoriana. É asembleísta nacional de Ecuador pola provincia de Orellana. Foi presidenta da Asemblea Nacional de Ecuador, dende o 15 de maio de 2021 até a súa destitución o 31 de maio de 2022;[2] sendo a primeira indíxena na historia de Ecuador en dirixir o poder lexislativo,[3][4] así como o primeiro membro do Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik en acadar devandito cargo.[5][6]
Iniciou a súa carreira política no 2000 como alcaldesa de Puerto Francisco de Orellana. Posteriormente foi elixida prefecta da provincia de Orellana, mais foi destituída do cargo en 2008 logo de pasar meses encarcerada tras ser acusada de "sabotaxe e terrorismo" polo goberno de Rafael Correa debido á súa suposta participación nunha folga na poboación de Dayuma en contra de empresas petroleiras. A súa detención foi criticada por organizacións como o Human Rights Foundation, que denunciou tratos "denigrantes" en contra de Llori. En 2009 volveu ser elixida prefecta de Orellana e foi reelixida ao cargo unha vez máis en 2014.[7]