Guepardo Acinonyx jubatus Rango fósil: plioceno - actualidade [1] | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Vulnerable[2] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Acinonyx jubatus (Schreber, 1775) | |||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||
Acinonyx venator Brookes, 1828 (= Felis jubata, Schreber, 1775) | |||||||||||||||||||||||||
Distribución histórica do guepardo
Presenza histórica Presenza posíbel Presenza media Presenza elevada | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
O guepardo,[4][5][6][7][8] tamén coñecido como onza,[5][7] Acinoyx jubatus, é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e subfamilia dos felinos, o único representante actual do xénero Acinonyx.
É un animal que presenta un comportamento atípico, se o comparamos cos outros membros da mesma familia, xa que as súas garras non son completamente retráctiles, permanecendo visíbeis mesmo cando están recollidas ao máximo, sendo usadas para permitir unha maior adherencia ao solo cando corre, acelera e manobra no terreo (porén, as crías conseguen subir ás árbores por teren as garras máis finas).[9] e caza ás súas presas mediante persecucións a alta velocidade, en vez de tácticas como a caza á espreita ou en grupo; é o máis rápido de todos os animais terrestres, conseguindo atinxir velocidades por riba dos 110 km/h en carreiras curtas (dun máximo de 400 a 500 m).[10][11][12][13][14][15][16][17][18][19]
O corpo do guepardo, deseñado para a carreira, ten un aspecto delgado e fino, con longas e esveltas patas e unha cara co fociño curto, marcado por dúas manchas negras que baixan desde os ollos até a comisura dos labios, e unha longa cola.
A súa coloración é beigue amarelada, con manchas negras polo dorso e a parte exterior das patas. Os indivuduos novos presentan, ademais, unha curta crina negra no dorso do pescozo.
As femias poden teren até cinco cachorros por camada. A súa presa fundamental son as gacelas.
Típico habitante da sabana, vive en África, e nalgunhas zonas remotas da península Arábiga e o suroeste de Asia.
En épocas antigas este animal foi domesticado para a caza, actuando de forma semellante a como hoxe se empregan os galgos.
Na actualidade, está clasificado como vulnerábel pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza, e están en marcha numerosos intentos de protección da especie, incluíndo procesos de clonación.[20]