Guerra civil estadounidense | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Belixerantes | |||||||||||||||
Estados Unidos de América (a Unión) |
Estados Confederados de América (a Confederación) | ||||||||||||||
Líderes | |||||||||||||||
Abraham Lincoln, Ulysses S. Grant |
Jefferson Davis, Robert E. Lee | ||||||||||||||
Forzas en combate | |||||||||||||||
2 803 300 | 1 064 200 | ||||||||||||||
Baixas | |||||||||||||||
360.022 | 258.000 | ||||||||||||||
Feridos | |||||||||||||||
275.175 | 137.000 | ||||||||||||||
Teatro Oriental da Guerra Civil Americana (pt) , Teatro Ocidental da Guerra Civil Americana (pt) , Teatro Trans-Mississippi da Guerra Civil Americana (pt) e Teatro da Costa do Pacífico da Guerra Civil Americana (pt) |
A guerra civil estadounidense (tamén coñecida como guerra de Secesión; en inglés, American Civil War, The Civil War ou War Between the States) ocorreu nos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Ningunha guerra causou máis mortes de americanos do que a Guerra Civil, que provocou un total de mortos estimado en 970 mil persoas -dos cales 620 mil eran soldados, preto do 3% da poboación americana da época. As causas da guerra civil, o seu desenlace, e aínda os propios nomes da guerra, son aínda motivos de controversia e debate nos días actuais.
A guerra civil estadounidense consistiu na loita entre 11 estados do Sur (latifundista e aristócrata) contra os estados do Norte (industrializado e dedicado a estilos máis modernos de vida). Esta diferenza de modos de vida considerase como unha das causas principais do conflito. Mentres o norte pasaba por un período de expansión económica grazas á industrialización, á protección ao mercado interno e á man de obra libre e asalariada, a economía do sur dependía da exportación de produtos agropecuarios -especialmente do algodón, cuxas exportacións eran a principal fonte de renda destes estados. A agricultura do sur, pola súa banda, dependía moito do uso do traballo escravo.
Ao longo das primeiras décadas do século XIX, a inmigración masiva e a intensa industrialización fixeron que o poder do Norte no goberno crecese económica e politicamente. Desenvolvéronse grandes tensións políticas e sociais entre o Norte e o Sur. En 1860, Abraham Lincoln, un republicano contrario á escravitude, venceu as eleccións presidenciais americanas. Lincoln, ao asumir o posto, alcumou os Estados Unidos "Casa Dividida".
En 1861, ano do inicio da guerra, o país consistía en 19 estados libres, onde a escravitude estaba prohibida, e 15 estados onde a escravitude era permitida. Ata o 4 de marzo, día en que Lincoln asumiu o posto de presidente, 11 estados escravistas declararan a súa separación da Unión, e crearon un novo país, os Estados Confederados de América. A guerra comezou cando forzas confederadas atacaron o Fort Sumter, un posto militar americano en Carolina do Sur, o 12 de abril de 1861, e rematou o 28 de xuño de 1865, coa rendición das últimas tropas da Confederación.
Durante a guerra civil, disputáronse 391 batallas en 28 estados da Unión, deixando un saldo de aproximadamente 620.000 mortos.
A Guerra Civil foi o episodio máis traumático da historia dos Estados Unidos de América. As cicatrices non se pecharon por completo ata o día de hoxe. Tódalas guerras posteriores en que participou Estados Unidos tiveron lugar moi alén das súas fronteiras, pero este conflito devastou o sur e someteu esa rexión á ocupación militar. O país perdeu máis homes nesta guerra que en calquera outra.
A guerra resolveu dous problemas fundamentais que dividiran aos Estados Unidos desde 1776: puxo fin á escravitude, que foi completamente abolida pola Emenda 13 da Constitución en 1865; e decidiu, dunha vez por todas, que os Estados Unidos non é unha colección de estados semi-independentes senón unha soa nación indivisible. Logo de catro amargos anos de guerra, conservouse a Unión e liberáronse os escravos.
Aínda que a vitoria do norte na Guerra Civil asegurou a integridade dos Estados Unidos como nación indivisible, moitas cousas destruíronse no curso do conflito, e o obxectivo secundario da guerra, a abolición do sistema de escravitude, logrouse só de xeito imperfecto. Para os negros, foi unha loita longa e penosa en busca da igualdade. Moitos trasladáronse ás cidades do norte, só para afrontar novas dificultades. Pero un crecente movemento en prol dos dereitos civís continúa traballando en contra de teimudos sistemas sociais e económicos co fin de garantir igualdade de oportunidades para os negros en materia de vivenda, educación e traballo.
Na guerra compuxéronse cancións coma When Johnny Comes Marching Home.