Guerra civil finlandesa | |||
---|---|---|---|
Primeira guerra mundial e Revolucións de 1917-1923 | |||
![]() Queima da Casa dos Traballadores da Garda Vermella durante o ataque do exército alemán e a Garda Branca a Helsinqui | |||
Tipo | guerra civil ![]() | ||
Data | |||
Resultado | ![]() Rusia se retira militarmente de Finlandia.[1] Hexemonía alemá ata decembro de 1918. Profunda fenda entre os finlandeses, que se pecharía paulatinamente. | ||
Localización | Finlandia ![]() | ||
Belixerantes | |||
| |||
Líderes | |||
| |||
Forzas | |||
| |||
Baixas | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A guerra civil finlandesa[nb 1] foi un conflito polo liderado e control de Finlandia durante o período de transición que viviu o país desde que deixou de ser un Gran Ducado do Imperio ruso para converterse nun estado independente. O enfrontamento tivo lugar no contexto da axitación nacional, política e social causada pola primeira guerra mundial e a revolución rusa de 1917. Dun lado se encontraban as forzas socialdemócratas, dirixidas pola delegación popular de Finlandia, comunmente coñecidos como «vermellos» (punaiset). Doutro lado se encontraban as forzas do senado, controladas desde o outono anterior polos conservadores —que pretendían manter o statu quo; é dicir, conservar a independencia e a monarquía constitucional sen parlamentarismo—, popularmente coñecidos como «brancos» (valkoiset). As forzas paramilitares dos Gardas Vermellos, compostas por traballadores industriais e agrarios, controlaron as cidades e os centros industriais do sur de Finlandia. Pola súa banda, as forzas dos Gardas Brancos, compostas por granxeiros e outros membros das clases sociais media e alta, controlaban o rural no centro e norte do país.
Nos anos anteriores ao conflito, a sociedade finlandesa experimentara un gran crecemento da poboación, unido a industrialización, pre-urbanización e o incremento dun exhaustivo movemento obreiro. Os sistemas políticos e gobernamentais do país estaban aínda nunha fase inestable de modernización e democratización. As condicións socioeconómicas e de educación na poboación melloraban de xeito gradual, así como o pensamento nacional e a vida cultural espertaron.
A primeira guerra mundial deu lugar ao colapso do Imperio ruso, provocando un baleiro de poder no Gran Ducado de Finlandia. A subsecuente loita polo poder levou á militarización e escalada da crise entre o movemento obreiro de esquerdas e os conservadores. Os Vermellos levaron a cabo sen éxito unha ofensiva en febreiro de 1918, co apoio da Rusia soviética. A contraofensiva dos Brancos comezou en marzo, recibindo o apoio militar do imperio alemán desde abril. Os enfrontamentos decisivos foron as batallas de Tampere e Viborg (finés: Viipuri; sueco: Viborg), gañadas polos Brancos, e as batallas de Helsinqui e Lahti, gañada polas tropas alemás, o que deu lugar a vitoria dos Brancos e as forzas alemás na contenda. A violencia política tamén formou parte do enfrontamento. Arredor de 12 500 prisioneiros de guerra Vermellos morreron de desnutrición e enfermidades nos campos de prisioneiros. Arredor de 39 000 persoas, das cales 36 000 eran finlandeses, morreron no conflito.
Finlandia pasou de estar na esfera de influencia rusa á alemá. O senado conservador intentou establecer unha monarquía finlandesa, cun rei alemán: o príncipe Frederico Carlos de Hesse-Kassel, pero, tras a derrota alemá na Gran Guerra, Finlandia emerxeu como unha república democrática independente.[10]
A guerra civil segue sendo o evento máis controvertido e emocional na historia da Finlandia moderna, e existiron disputas sobre o nome que debía dárselle ao conflito.[11] Desarticulou a economía finlandesa e dividiu o aparato político e á nación finlandesa durante moitos anos, aínda que finalmente se logrou chegar á cohesión a través de compromisos sociais baseados na moderación política e relixiosa, así como grazas á recuperación económica que viviu o país tras a posguerra.[12]
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "nb", pero non se atopou a etiqueta <references group="nb"/>
correspondente