Guerra de Indochina | |
---|---|
Guerras de Indochina, guerra fría e descolonización de Asia | |
![]() | |
Tipo | guerra ![]() |
Data | |
Resultado | Vitoria comunista do Việt Minh[1][2][3][4]
|
Localización | Indochina francesa, especialmente Tonkín |
[ Wikidata ] |
A primeira guerra de Indochina, coñecida como guerra de Indochina en Francia e guerra de resistencia antifrancesa en Vietnam comezou na Indochina francesa o 19 de decembro de 1946 e durou ata o 20 de xullo de 1954, aínda que os enfrontamentos entre as forzas francesas e os seus rivais do Việt Minh no sur databan de setembro de 1945. O conflito enfrontou unha serie de forzas, incluído o Corpo Expedicionario do Extremo Oriente Francés da Unión Francesa, dirixido polo goberno de Francia e apoiado polo exército nacional vietnamita do ex emperador Bảo Đại contra o exército popular de Vietnam e o Việt Minh (parte do Partido Comunista),[5] liderada por Võ Nguyên Giáp e Hồ Chí Minh.[6][7] A maior parte dos combates tiveron lugar en Tonkín, ao norte de Vietnam,[8] aínda que o conflito involucrou todo o país e tamén se estendeu aos protectorados veciños de Laos e Camboxa.