Guerra dos Cen Anos
|
No sentido das agullas do reloxo, dende arriba á esquerda: Xoán I de Bohemia na batalla de Crécy, frotas inglesas e franco-castelás na batalla de La Rochelle, Henrique V de Inglaterra e o exército inglés na batalla de Agincourt, Xoana de Arco arenga ás tropas francesas no Sitio de Orleáns
|
|
Belixerantes
|
Reino de Inglaterra Borgoña[1] Reino de Portugal Ducado da Bretaña[2] Normandía Condado de Flandres
|
Reino de Francia Coroa de Castela Ducado da Bretaña[3] Reino de Escocia Xénova Coroa de Aragón Reino de Bohemia Reino de Navarra[4]
|
Líderes
|
Eduardo de Woodstock Tomas de Clarence
|
Xoán II de Francia Xoana de Arco
|
Forzas en combate
|
145.000 homes [Cómpre referencia]
|
200.000 homes [Cómpre referencia]
|
Baixas
|
59.000 mortos e feridos [Cómpre referencia]
|
53.000 mortos e feridos [Cómpre referencia]
|
Edwardian War (en) , Caroline War (en) , Lancastrian War (en) , Guerra civil de Castela, Guerra de Sucesión da Bretaña, Segunda Guerra de Independencia de Escocia, Cruzada de Despenser (pt) , sitio de Orleáns e Guerra dos Dois Pedros (pt)
|
A expresión guerra dos Cen Anos (en francés: guerre de Cent Ans, en inglés: Hundred Years' War) identifica unha serie de conflitos armados, rexistrados de forma intermitente, durante os séculos XIV e XV, que durou en realidade 116 anos (mércores[5] 1 de xaneiro de 1337 - mércores[6] 17 de outubro de 1453)[7][8][9][10] entre as dinastías dos Plantagenet e os Valois arrastrando con elas os reinos de Francia e Inglaterra. Esta guerra foi de raíz feudal, pois o seu propósito non era outro que resolver quen controlaría as enormes posesións dos monarcas ingleses en territorios franceses, desde 1154, debido ao ascenso de Henrique II Plantagenet, conde de Anjou, ao trono inglés. Tivo implicacións internacionais e finalmente, logo de numerosos avatares, saldouse coa retirada inglesa de terras francesas.[11]
A longa duración dese conflito explícase polo grande poderío dos ingleses dun lado e a obstinada resistencia francesa do outro. Foi a primeira gran guerra europea que provocou profundas transformacións na vida económica, social e política da Europa Occidental. Francia foi apoiada por Escocia, Bohemia, a Coroa de Castela e o Papado de Avignon. Inglaterra tivo por aliados aos flamengos, alemáns e portugueses. A cuestión dinástica que desencadeou a chamada guerra dos Cen Anos superou o carácter feudal das rivalidades político-militares da Idade Media e marcou o peor dos futuros enfrontamentos entre as grandes monarquías europeas.[12]
- ↑ Cambia de bando en 1435.
- ↑ Partidarios de Xoán de Montfort.
- ↑ Partidarios de Carlos de Blois.
- ↑ Salvo cambio de bando esporádico.
- ↑ Paolo Bonavoglia. "Calendario perpetuo Enero 1337" (en castelán). Consultado o 4/02/2014.
- ↑ Paolo Bonavoglia. "Calendario perpetuo Octubre 1453" (en castelán). Consultado o 4/02/2014.
- ↑ Arte Historia (2010). "La Guerra de los Cien Años". La Guerra de los Cien Años (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15/12/2013. Consultado o 4/02/2014.
- ↑ Arteguias (2010). "Guerra de los Cien Años". Guerra de los Cien Años (en castelán). Consultado o 4/02/2014.
- ↑ Histórico Digital (2010). "La Guerra de los 100 años". La Guerra de los 100 años (en castelán). Consultado o 4/02/2014.
- ↑ JMMT (2010). "La Guerra de los cien años" (PDF). La Guerra de los cien años (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05/03/2016. Consultado o 4/02/2014.
- ↑ Cartwright, Mark. "The Hundred Years' War: Consequences & Effects". World History Encyclopedia (en inglés). Consultado o 2024-07-20.
- ↑ "Hundred Years’ War ; Summary, Causes, Effects, Combatants, Timeline, & Facts". www.britannica.com (en inglés). 2024-05-28. Consultado o 2024-07-20.