As guerras sexuais feministas, tamén coñecidas como guerras sexuais ou guerras porno(s), son termos usados para referirse ó conxunto de debates entre as feministas, respecto a varias cuestións amplamente relacionadas coa sexualidade e a actividade sexual. As distintas opinións sobre sexualidade polarizaron o movemento feminista, particularmente os liderados, ó final da década de 1970 e inicio da década de 1980; e continúan a influenciar o debate entre as feministas até o presente.[1] Os lados foron caracterizados polos grupos, feminismo antipornografia e feminismo sexo-positivo, con diverxencias en relación á sexualidade, incluíndo a pornografia, o erotismo, a prostitución, as prácticas sexuais lésbicas, o papel das mulleres trans na comunidades lésbicas, o sadomasoquismo e outras cuestións sexuais. O movemento feminista foi profundamente dividido como resultado deses debates.[2][3][4][5][6]