Guided by Voices | |
---|---|
![]() En directo no ano 2004 | |
Orixe | Dayton, Ohio, ![]() |
Período | 1983 - 2004 2010 - 2014 2016 - presente |
Xénero(s) | indie rock, lo-fi, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Scat, Matador, TVT |
Membros | Robert Pollard Tobin Sprout Mitch Mitchell Kevin Fennell Greg Demos |
Antigos membros | Jim Pollard Nate Farley Doug Gillard Kevin March Tim Tobias Jim Macpherson Dan Toohey Jim Greer Don Thrasher Chris Slusarenko Jon McCann |
Na rede | |
http://www.gbv.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Guided by Voices (GBV) é unha banda estadounidense de indie rock orixinaria de Dayton, Ohio. Dende a súa formación en 1983 experimentou frecuentes cambios nos seus compoñentes, pero sempre mantendo a presenza do principal compositor Robert Pollard, que fundou o grupo cos guitarristas Mitch Mitchell, Tobin Sprout, Jim Pollard e o batería Kevin Fennell. A "formación clásica" incluía a estes músicos xunto co baixista Greg Demos. Guided by Voices separouse no ano 2004, debido a que moitos dos seus membros se centraron nas súas carreiras en solitario e noutros proxectos.
No ano 2010 confirmouse que a súa "formación clásica" (1994 - 1996) reunirase para tocar no 21 aniversario do selo Matador Records en Las Vegas, ademais de realizar máis concertos despois deste. Tras reformarse a banda publicou seis novos álbums. Guided by Voices separaríase por segunda vez a finais de 2014, pero Pollard reactivaría o grupo cun novo álbum e unha nova formación en febreiro de 2016.