Gutasaga

O soño de Vitastjerna coas tres serpes entrelazadas simbolizando a Graip, Gute e Gunfjaun, con ela na parte inferior nunha pedra pintada atopada en När, Gotland.

Gutasaga (tamén Gutasagan) é unha saga sobre a historia de Gotland antes da súa cristianización. Foi escrita no século XIII e sobreviviu nun só manuscrito, o Codex Holm. B 64, que data de ao redor do ano 1350, conservado na Biblioteca Nacional de Suecia en Estocolmo xunto co Gutalag, o código legal de Gotland. Foi escrito en gútnico antigo, un dialecto do antigo nórdico.[1]

  1. Projekt Runeberg (ed.). "Gutasaga". Consultado o 4 de maio de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne