HLA-DM

Estrutura cristalográfica do HLA-DM humano.[1]
Identificadores
Símbolo HLA-DMA
Entrez 3108
HUGO 4934
OMIM

142855

RefSeq NM_006120
UniProt P28067
Outros datos
Locus Cr. 6 p21.3
Identificadores
Símbolo HLA-DMB
Entrez 3109
HUGO 4935
OMIM

142856

RefSeq NM_002118
UniProt P28068
Outros datos
Locus Cr. 6 p21.3

O HLA-DM (antíxeno leucocitario humano DM) é unha proteína intracelular implicada no mecanismo de presentación de antíxenos en células presentadoras de antíxenos do sistema inmunitario.[2] Faino axudando á carga do péptido nas proteínas unidas a membrana do complexo maior de histocompatibilidade (MHC) de clase II.[3] O HLA-DM está codificado nos xenes HLA-DMA e HLA-DMB do cromosoma 6 humano.[4]

O HLA-DM é unha chaperona molecular[5] que funciona nos lisosomas e endosomas en células do sistema inmunitario. Concretamente, funciona en células presentadoras de antíxenos, como macrófagos, célula dendríticas e células B.[6] ao interaccionar con moléculas do MHC de clase II.[7] O HLA-DM protexe as moléculas do MHC de clase II da degradación, e regula tamén qué proteínas ou péptidos se unen a elas.[5] Regula como e cando un péptido actúa como antíxeno iniciando unha resposta inmune. Así, o HLA-DM é necesario para que o sistema inmunitario responda efectivamente a un invasor alleo. A alteración da función do HLA-DM pode resultar na aparición dunha inmunodeficiencia e de enfermidades autoinmunes.[8]

  1. PDB 2BC4; Nicholson MJ, Moradi B, Seth NP, Xing X, Cuny GD, Stein RL, Wucherpfennig KW (abril de 2006). "Small molecules that enhance the catalytic efficiency of HLA-DM". Journal of Immunology 176 (7): 4208–20. PMC 3412064. PMID 16547258. doi:10.4049/jimmunol.176.7.4208. 
  2. McCracken, Russ. "HLA-DM". www.bio.davidson.edu. Consultado o 2018-01-29. 
  3. Busch R, Rinderknecht CH, Roh S, Lee AW, Harding JJ, Burster T, Hornell TM, Mellins ED (outubro de 2005). "Achieving stability through editing and chaperoning: regulation of MHC class II peptide binding and expression". Immunological Reviews 207: 242–60. PMID 16181341. doi:10.1111/j.0105-2896.2005.00306.x. 
  4. "HLA-DMA major histocompatibility complex, class II, DM alpha [Homo sapiens (human)] - Gene - NCBI". www.ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2018-03-06. 
  5. 5,0 5,1 Vogt AB, Kropshofer H (abril de 1999). "HLA-DM - an endosomal and lysosomal chaperone for the immune system". Trends in Biochemical Sciences 24 (4): 150–4. PMID 10322421. doi:10.1016/S0968-0004(99)01364-X. 
  6. Arndt SO, Vogt AB, Markovic-Plese S, Martin R, Moldenhauer G, Wölpl A, Sun Y, Schadendorf D, Hämmerling GJ, Kropshofer H (marzo de 2000). "Functional HLA-DM on the surface of B cells and immature dendritic cells". The EMBO Journal 19 (6): 1241–51. PMC 305665. PMID 10716924. doi:10.1093/emboj/19.6.1241. 
  7. Pashine A, Busch R, Belmares MP, Munning JN, Doebele RC, Buckingham M, Nolan GP, Mellins ED (agosto de 2003). "Interaction of HLA-DR with an acidic face of HLA-DM disrupts sequence-dependent interactions with peptides". Immunity 19 (2): 183–92. PMID 12932352. doi:10.1016/S1074-7613(03)00200-0. 
  8. Yin L, Maben ZJ, Becerra A, Stern LJ (xullo de 2015). "Evaluating the Role of HLA-DM in MHC Class II-Peptide Association Reactions". Journal of Immunology 195 (2): 706–16. PMC 4490944. PMID 26062997. doi:10.4049/jimmunol.1403190. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne