HLA-DR

MHC de clase II, DR
(heterodímero)
Tipo de proteínaReceptor da superficie celular
FunciónRecoñecemento inmune e
presentación de antíxenos
Nome da subunidade Xene Locus cromosómico
α HLA-DRA Cromosoma 6p21.31
β1 HLA-DRB1 " "
β3 HLA-DRB3 " "
β4 HLA-DRB4 " "
β5 HLA-DRB5 " "

O HLA-DR é un receptor da superficie celular do MHC de clase II codificado no complexo do antíxeno leucocitario humano (HLA) da rexión p21.31 do cromosoma 6 humano. O péptido do complexo HLA-DR, de xeralmente entre 9 e 30 aminoácidos de lonxitude, constitúe un ligando para o receptor de célula T (TCR). Os HLAs foran definidos orixinalmente como antíxenos de superficie que eran mediadores da enfermidade de enxerto contra hóspede. A identificación destes antíxenos supuxo un grande éxito e maior lonxevidade nos transplantes de órganos.

Os principais antíxenos responsables da perda de transplantes son os HLA-DR (nos primeiros seis meses), os HLA-B (nos primeiros dous anos) e os HLA-A (supervivencia a longo prazo).[1] Unha axeitada coincidencia destes antíxenos entre o hóspede receptor e o doante é esencial para o éxito do transplante.

O HLA-DR está tamén implicado en varias condicións autoinmunes e na susceptibilidade e resistencia a enfermidades. Tamén está estreitamente ligado ao HLA-DQ e esta ligazón fai que por veces sexa difícil resolver cal é o principal factor causante dunha enfermidade.

As moléculas HLA-DR son reguladas á alza en resposta a sinalizacións químicas. No caso dunha infección, o péptido (como pode ser o péptido enterotoxina I estafilocócica) está unido a unha molécula DR e é presentado a algúns dos moitos receptores de célula T das células T axudantes. Despois, estas células únense a antíxenos na superficie das células B, estimulando a proliferación das células B.

  1. Solomon S, Pitossi F, Rao MS (2015). "Banking on iPSC--is it doable and is it worthwhile". Stem Cell Reviews 11 (1): 1–10. PMC 4333229. PMID 25516409. doi:10.1007/s12015-014-9574-4. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne