Haemophilus ducreyi | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Fotomicrografía de H. ducreyi | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Haemophilus ducreyi' (Neveu-Lemaire 1921) Bergey et al. 1923 |
Haemophilus ducreyi é unha especie de bacterias gramnegativas con forma de cocobacilo, que causa a enfermidade de transmisión sexual chamada chancroide ou chancro brando, que é unha das principais causas de ulceración xenital nos países subdesenvolvidos caracterizada pola aparición de chagas (chancros) dolorosas sangrantes con base necrótica e beiras desgarradas nos xenitais, que comezan como unha lesión papular eritematosa. A doenza trátase con macrólidos como a azitromicina e cefalosporinas de terceira xeración como o ceftriaxone.
H. ducreyi é esixente no seu cultivo, pero pode cultivarse en placas de ágar chocolate. Con tinguidura de Gram ten o aspecto dun "banco de peixes".
A bacteria recibe o seu nome por Augusto Ducrey, o científico que primeiro a describiu na década de 1890.