Halcyon Digest

Halcyon Digest
Álbum de Deerhunter
Publicado28 de setembro do 2010
Gravaciónxuño do 2010
Estudio(s)Chase Park Transduction Studios en Athens, GA e Notown Sound en Marietta, GA
Duración45:50
Xénero(s)indie pop, shoegaze, dream pop, noise pop
Selo(s)4AD
ProdutorDeerhunter, Ben H. Allen, Henry Barbe
Cronoloxía
Rainwater Cassette Exchange Halcyon Digest Monomania
Na rede
http://halcyondigest.com
Spotify: 1HUMjB15ARg96KIypcGzYY Discogs: 278175 Allmusic: mw0002022940 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Halcyon Digest é o cuarto álbum da banda estadounidense de indie rock Deerhunter, editado o 28 de setembro do 2010 a través do selo 4AD. Trátase do primeiro disco da banda distribuído en exclusiva por 4AD en todo o mundo (os anteriores só eran distribuído no estranxeiro, mentres que Kranky Records o facía nos Estados Unidos). O álbum foi producdo pola propia banda, coa axuda de Ben Allen, e gravouse nos estudios Chase Park Transduction en Athens (Xeorxia). O último tema, "He Would Have Laughed", gravouse en Notown Sound en Marietta (Xeorxia), e trátase dun tributo ao falecido Jay Reatard.

Halcyon Digest foi elixido o terceiro mellor disco do ano pola publicación Pitchfork Media, na súa lista dos 50 mellores álbums do 2010[1].

  1. "Pitchfork Media - The Top 50 Albums of 2010". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne