Haltere

Este artigo trata dunha peza de equipamento deportivo; non confundir con halterio, termo de zooloxía.

Haltere fixo, cunha masa de 4 kg.
Haltere axustábel con porcas.

Un haltere[1] é unha peza de equipamento deportivo utilizado en musculación. Consiste nunha masa que pode ser sostida nunha man. Durante moito tempo estes pesos foron utilizados, por pares, por loitadores, culturistas, atletas e por persoas que desexan aumentar a forza e o volume dos seus músculos en xeral.

Os halteres modernos poden ser de metal, de PVC ou doutros materiais. Tamén poden suxeitarse con velcro[2] (marca rexistrada), sistema constituído por dúas tiras de tea diferentes que se unen por presión e se separan por tracción, unido aos pulsos ou aos nocellos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para haltere.
  2. Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne