![]() | |
Nome orixinal | (zh-hant) 韓非 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 280 a.C. Xinzheng (Han) ![]() |
Morte | 233 a.C. Xianyang (Qin) ![]() |
Causa da morte | suicidio, Intoxicación ![]() |
País de nacionalidade | Chinesa |
Grupo étnico | Han |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | Filósofo |
Profesores | Xunzi ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Registos do Historiador (pt) ![]() ![]() |
Han Fei[1] (chinés tradicional: 韓非; chinés simplificado: 韩非; pinyin: Hán Fēi; Wade-Giles: Han2 Fei1), nado arredor de 280 a.C. e finado en 233 a.C., tamén coñecido como Han Feizi, foi un filósofo chinés da escola legalista do período dos Reinos Combatentes. Adoita ser considerado o maior representante do legalismo chinés pola súa obra epónima Han Feizi,[2] que sintetiza os métodos dos seus predecesores.[3]
Os seus escritos foron de grande influencia no que logo foi o primeiro emperador da China, Qin Shi Huang. Trala temperá desaparición da dinastía Qin, a filosofía de Han Fei foi denigrada oficialmente pola subseguinte dinastía Han. A pesar desta marxinación na historia da China imperial, a súa teoría política continuou a influír enormemente nas dinastías posteriores, e o ideal confucianista de goberno sen leis nunca volveu ser considerado. O chanceler de Shu Han, Zhuge Liang, pediu ao emperador Liu Shan que lese o Han Feizi para aprender o xeito de gobernar.[3]
Han tomou a énfase nas leis de Shang Yang, a énfase na técnica administrativa de Shen Buhai e as ideas de Shen Dao sobre autoridade e profecía, dando máis importancia a que o autócrata poderá conseguir control firme sobre o estado coa dominio das metodoloxías dos seus predecesores: a súa posición de poder (勢, Shì); técnica (術, Shù), e dereito (法, Fǎ).
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome hpt