Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1889 Basilea, Suíza |
Morte | 19 de xullo de 1954 (64 anos) Lugano, Suíza |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Ocupación | arquitecto, fotógrafo, urbanista |
Movemento | Modernismo |
Obra | |
Arquivos en |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мейер Ханнес) Modern Times: Photography in the 20th Century |
Hannes Meyer, nado o 18 de novembro de 1889 en Basilea e finado o 19 de xullo de 1954 en Lugano, foi un arquitecto e urbanista suízo. Dirixiu a Bauhaus de Dessau (a segunda etapa da escola) de 1928 a 1930, e hoxe é considerado un dos seus membros máis influentes.
Comezou a súa carreira en Basilea e Berlín, antes de que o fundador da Bauhaus, Walter Gropius, o chamase para facerse cargo da dirección da institución. Durante o seu mandato deseñou a escola federal da Confederación Xeral Sindical Alemá en Bernau e os edificios chamados Laubenganghäuser (casa con acceso ó balcón) en Dessau. Sempre desde postulados moi politizados, Hannes Meyer teorizou e desenvolveu unha concepción da arquitectura e o urbanismo fortemente influenciados polo marxismo, tanto nos seus aspectos filosóficos, de formular o deseño como tese, antítese e síntese, como nos seus fins, xa que os beneficios do deseño de produto (sexa arquitectónico ou calquera tipo de desño industrial) deben reverter na sociedade, filosofía que se estendeu a toda a Bauhaus. As súas posicións políticas levaron ao seu cesamento da escola, sendo substituído por Mies van der Rohe, quen era veterano da Primeira guerra mundial (a Bauhaus foi fechada igualmente polos nazis, estando baixo a dirección de Mies). Meyer exiliouse logo na Unión Soviética, e uns anos despois en México, onde dirixiu programas de urbanismo.
O papel de Hannes Meyer na historia da Bauhaus foi minimizado durante moito tempo, posibelmente debido aos seus posicionamentos marxistas, especialmente logo de que Mies van der Rohe tratase de "despolitizar" a escola para, infructuosamente, evitar o seu peche polos nazis, que finalmente se produciu en 1933. Meyer tamén foi alcumado o director descoñecido da Bauhaus.[1][2][3]