Happy New Year | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | हैप्पी न्यू ईयर |
Director | Farah Khan |
Produtor | Gauri Khan |
Guión | Farah Khan |
Intérpretes | Shah Rukh Khan Deepika Padukone Abhishek Bachchan Sonu Sood Boman Irani Vivaan Shah Jackie Shroff |
Música | Cancións: Vishal–Shekhar Dr. Zeus Banda sonora: John Stewart Eduri |
Fotografía | Manush Nandan |
Montaxe | Anand Subaya Tushar Parekh |
Estudio | Red Chillies Entertainment |
Distribuidora | Yash Raj Films |
Estrea | Dubai: 23 de outubro de 2014![]() |
Duración | 180 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción e comedia[2] |
Orzamento | 150 crore[3] |
Recadación | 408 crore |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Happy New Year (en hindi: हैप्पी न्यू ईयर; ás veces abreviado como HNY) é un filme indio de 2014 dirixido por Farah Khan e producido por Gauri Khan baixo o selo Red Chillies Entertainment. O filme está protagonizado por Shah Rukh Khan, Deepika Padukone, Abhishek Bachchan, Sonu Sood, Boman Irani, Vivaan Shah e Jackie Shroff. Foi distribuído internacionalmente por Yash Raj Films.[4] Conta a historia dun grupo de perdedores que se transforma nun equipo que conquista o corazón da xente da cidade e de todo o mundo, todo como parte da súa procura por conseguir o maior atraco de diamantes xamais visto.