Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Haroldo ou Harold II de Inglaterra, tamén chamado Harold II ou Harold o Saxón (1022-1066), foi o último rei saxón de Inglaterra. Morreu e perdeu o seu reino o 14 de outubro de 1066 na Batalla de Hastings, loitando contra Guillerme de Normandía, futuro Guillerme I de Inglaterra (primeiro rei normando de Inglaterra). O seu curto reinado durou menos de dez meses, dende a súa coroación o 5 de xaneiro de 1066 até a dita batalla. Antes de ser rei era coñecido como Harold Godwinson, en referencia ao seu pai.