Harrison's Principles of Internal Medicine

Edición XV en italiano.

HARRISON, Principios de Medicina Interna, é un tratado americano de medicina interna. Publicado por vez primeira en 1950. Actualmente está no mercado a décimo sétima edición (publicada en febreiro de 2008 por McGraw-Hill e prepárase a decimoitava versión en inglés que se estima que sairá publicada en xuño de 2011 aínda que xa está lista en formato dixital dende febreiro de 2011. Aínda que está dirixido a membros de todas as especialidades, é principalmente empregado por médicos internistas así como por estudantes de medicina.

O primeiro editor da obra foi Tinsley R. Harrison de Birmingham, Alabama (Estados Unidos). Harrison é membro dunha familia que con el suman seis xeracións de médicos. Nesta obra, desempeñou tarefas de editor xefe das cinco primeiras edicións e estableceu o formato do traballo: unha sólida base de medicina clínica e de laboratorio (ademais da respectiva terapéutica), entrelazada cun amplo entendemento da fisiopatoloxía subxacente e máis tarde fundamentos de xenética epidemiolóxica contemplando diferentes poboacións. A 17ª edición do libro está adicada ó Dr. Georger W. Thom, que foi editor das primeiras 7 edicións e editor xefe da 8ª edición. Finou en 1950. Aínda que Harrison foi o primeiro editor xefe e ideólogo da obra, nas diferentes edicións traballaron centos de profesionais da medicina e de áreas afíns. É unha obra moi extensa. A modo de exemplo, a 16ª edición en español consta de 2 volumes dunhas 3 000 páxinas e 379 temas nos que contribuíron 221 colaboradores.

É probablemente, o libro máis difundido no mundo da medicina. Durante os últimos 60 anos converteuse nunha obra fundamental no estudo da medicina, primeiro en Estados Unidos, e despois no resto do mundo, pasando polas mans de médicos e estudantes de todo o mundo. A nivel popular é coñecido como O Harrison.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne