Harry Potter

Harry Potter
Logo de Harry Potter.
Título orixinalHarry Potter
Autor/aJ. K. Rowling
Ilustrador/aMary GrandPré, Jim Kay, Kazu Kibuishi, Jonny Duddle e Andrew Davidson
CubertaGalicia Dolores Avedaño[1]
Thomas Taylor, Cliff Wright, Giles Greenfield e Jason Cockcroft
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónHarry Potter
Tema(s)amizade, Coraxe, adolescencia, autodescubrimento, morte e Magia de Harry Potter
Xénero(s)Fantasía, drama, ficción xuvenil, misterio, suspense, Bildungsroman
EditorialGalicia Galaxia
Bloomsbury
Data de pub.Galicia xaneiro de 2003 - 21 de febreiro de 2008
26 de xuño de 1997 - 21 de xullo de 2007
FormatoGalicia Impreso (capa dura)
Impreso (capa dura e capa branda), audiolibro, libro electrónico[2]
PáxinasGalicia 3696 (en total)
3407 (en total)
TraduciónMarilar Aleixandre [HP1]
Eva Almazán [HP2], [HP3] e [HP4]
Laura Sáez [HP5] e [HP7]
Carlos Acevedo [HP6]
Na rede
Instagram: harrypotterfilm Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.

Dende que o 26 de xuño de 1997 se publicou en inglés a primeira novela, Harry Potter e a pedra filosofal, os libros acadaron unha gran popularidade, eloxios por parte da crítica e un éxito comercial en todo o mundo.[3] Por outra banda, a serie tamén recibiu críticas polo crecente ton escuro que foi adoptando segundo avanzaba a historia, así como a violencia macabra e gráfica descrita. Ata xullo de 2013, os sete libros que compoñen a saga venderon, no seu conxunto, máis de 450 millóns de copias entre todas as traducións a 67 linguas diferentes,[4][5] incluíndo traducións do primeiro e segundo volumes ao latín[6][7] e do primeiro ao grego antigo.[8] Os catro últimos libros da saga bateron marcas como os libros que se venderon máis rapidamente en toda a historia, co último vendendo case 11 millóns de copias nos Estados Unidos nas primeiras vinte e catro horas.

As versións en lingua inglesa dos libros publicáronas Bloomsbury no Reino Unido, Scholastic Press nos Estados Unidos, Allen & Unwin en Australia e Raincoast Books no Canadá. En España, existen versións dos libros nas diferentes linguas oficiais do estado: a encargada da publicación da versión en galego foi a Editorial Galaxia, en catalán a Editorial Empúries, en éuscaro Elkar e, en todo o territorio, en lingua castelá a Editorial Salamandra.

Os sete libros da serie foron adaptados nunha versión cinematográfica composta por oito filmes producidos por Warner Bros. Pictures e que a agosto de 2015 se converteu na segunda saga cinematográfica con máis recadación en toda a historia. A franquía xerou tamén unha ampla mercadoría, de xeito que a marca Harry Potter teña un valor superior aos 25 mil millóns de dólares.[9] A editorial Little, Brown publicou tamén o guión dunha obra de teatro titulada Harry Potter and the Cursed Child, baseada nunha historia de Rowling e estreada en Londres o 30 de xullo de 2016 no Palace Theatre.[10]

A serie aborda moitos xéneros, entre os que se atopan a fantasía, o drama, Bildungsroman (o paso da infancia á madurez) e un xénero denominado "historia da escola británica" que inclúe elementos de misterio, suspense, aventura, terror e romance. Deste xeito, a saga inclúe e explora moitos significados e referencias culturais.[11] Segundo Rowling, o tema principal é a morte.[12] Outros temas importantes na serie son o prexuízo, a corrupción e a tolemia.[13]

O éxito dos libros e filmes propiciou que a franquía Harry Potter continúe a se expandir, con numerosas obras derivadas, unha exhibición itinerante, visitas aos estudios de rodaxe, parques de atraccións temáticos, unha plataforma dixital na que Rowling actualiza a serie con nova información e revelacións e unha pentaloxía cinematográfica procedente dunha das obras complementarias, entre outras cousas.

  1. Dolores Avedaño foi a encargada de realizar a portada para a versión en castelán, mais os seus debuxos usáronse tamén para as versións galegas e hispanoamericanas.
  2. Peter Svensson (27 de marzo de 2012). "Harry Potter breaks e-book lockdown". Yahoo. Consultado o 29 de xullo de 2013. 
  3. Allsobrook, Dr. Marian (18 de xuño de 2003). "Potter's place in the literary canon". BBC News. Consultado o 15 de outubro de 2007. 
  4. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Translations for Harry Potter
  5. TIME (31 de xullo de 2013). "Because It's His Birthday: Harry Potter, By the Numbers". Time. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2013. 
  6. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome HP1 en latin
  7. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome HP2 en latin
  8. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome HP1 en grego antigo
  9. Meyer, Katie (6 de abril de 2016). "Harry Potter's $25 Billion Magic Spell". Time. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  10. Cain, Sian (10 de febreiro de 2016). "New Harry Potter book from JK Rowling coming out in July: the play script". The Guardian. Consultado o 22 de novembro de 2016. 
  11. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome meanings
  12. Greig, Geordie (11 de xaneiro de 2006). "'There would be so much to tell her...'". The Daily Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2007. Consultado o 4 de abril de 2007. 
  13. Lizo Mzimba (28 de xullo de 2008). "Interview with Steve Kloves and J.K. Rowling". Quick Quotes Quill. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne