Harry James Potter | |
---|---|
Personaxe de Harry Potter | |
![]() Daniel Radcliffe, actor que interpreta a Harry Potter. | |
Primeira aparición | Harry Potter e a pedra filosofal |
Última aparición | Harry Potter e as reliquias da morte |
Creado por | J. K. Rowling |
Interpretado por | Daniel Radcliffe |
Casa | Gryffindor |
Información | |
Familia | Lily Potter (nai) James Potter (pai) Sirius Black (padriño) Vernon Dursley (tío) Petunia Dursley (tía) Dudley Dursley (curmán) |
Cónxuxe | Ginny Weasley |
Fillos | James Sirius Potter Albus Severus Potter Lily Luna Potter |
Harry James Potter é o personaxe principal e un dos protagonistas da serie Harry Potter escrita por J. K. Rowling. A historia principal dos libros cobre sete anos na vida deste mozo orfo que, no seu undécimo aniversario, descobre que é meigo. Asiste á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para aprender maxia guiado polo director Albus Dumbledore. Harry tamén descobre que é famoso no mundo máxico e que o seu destino está ligado co de Lord Voldemort, o meigo escuro asasino da nai e mais o pai de Harry.