Harry Potter and the Cursed Child é unha obra de teatro en dúas partes escrita por Jack Thorne e baseada nunha historia orixinal de Thorne, J. K. Rowling e John Tiffany.[1] As representacións preliminares da obra comezaron no Palace Theatre, Londres o 7 de xuño de 2016,[2] e foi estreada oficialmente o 30 de xullo de 2016. Como a primeira nova historia en máis dunha década sobre o mundo de Harry Potter, a publicación do guión, que non foi unha novelización da obra,[3] foi publicada o 18 de novembro de 2015 e converteuse na oitava historia oficial de Harry Potter. A obra está ambientada no ano 2020, pero comeza no 2017.[4] A historia comeza dezanove anos despois dos eventos de Harry Potter e as reliquias da morte e conta a historia de Harry Potter, agora empregado do Ministerio de Maxia, e o seu fillo máis novo Albus Severus Potter, que desencadea unha serie de acontecementos escuros.