Harry Potter e a pedra filosofal | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Philosopher's Stone |
Director | Chris Columbus |
Produtor | David Heyman |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e a pedra filosofal de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Richard Harris Robbie Coltrane Maggie Smith Alan Rickman Ian Hart |
Música | John Williams |
Fotografía | John Seale |
Montaxe | Richard Francis-Bruce |
Estudio | Heyday Films 1492 Pictures Duncan Henderson Productions |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 144 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $125 000 000[1] |
Recadación | $974 755 371 |
Filme seguinte | Harry Potter e a Cámara dos Segredos |
Na rede | |
http://www.warnerbros.com/harry-potter-and-sorcerers-stone | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Harry Potter e a pedra filosofal (en inglés: Harry Potter and the Philosopher's Stone) é un filme de fantasía[2] dirixido por Chris Columbus e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. O filme foi o primeiro da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Richard Harris, Maggie Smith, Robbie Coltrane, Alan Rickman e Ian Hart.
Warner Bros. mercou os dereitos do libro para facer a versión fílmica no ano 1999. A produción comezou en 2000, coa elección de Columbus como director despois de seleccionalo dunha pequena lista de directores entre os que estaban Steven Spielberg e Rob Reiner. J. K. Rowling insistiu en que todo o elenco fose británico ou irlandés, gardando a integridade cultural do libro e do filme. J. K. Rowling aprobou o guión, escrito por Kloves. O filme gravouse principalmente nos Leavesden Film Studios, así como en edificios históricos de Gran Bretaña.
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos en novembro de 2001. Recibiu boas críticas e tres candidaturas aos Premios Oscar. A recadación nas salas internacionais ascende a máis de 974 millóns de dólares estadounidense.
Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2005, e foi visto por 290.000 persoas, o que o converteu no filme máis visto na historia da cadea autonómica.[3]